En Grupo Renfe, a ética empresarial guía cada día as nosas accións e as decisións que tomamos. Como entidade do sector público, temos o compromiso e a responsabilidade de servir aos nosos clientes e a toda a sociedade con integridade e transparencia. Ámbolos principios inspiradores forman parte do acervo da compañía e constitúen dous dos vectores sobre os que se asenta a nosa aposta, decidida pola modernización e transformación de Grupo Renfe.
Somos coñecedores de que este reto só é posible se cada un de nós actúa con responsabilidade e respecto aos valores e principios recollidos no noso Código Ético, observando en todo momento as normas que rexen o cumprimento das nosas funcións.
Sabemos que a ética e o cumprimento normativo dependen de todos nós. Trátase de esforzos compartidos que todos debemos asumir para construír unha organización á que estamos orgullosos de pertencer.
Álvaro Fernández Heredia
Dentro deste punto poderás atopar as normas internas que recollen os valores corporativos que inspiran a actuación de todos os profesionais de Grupo Renfe.
O noso Código Ético establece os principios, valores e pautas de actuación en materia ética do Grupo Renfe, constituíndose como o eixo vertebrador do Sistema de Ética e Compliance.
Así mesmo, a través deste punto poderás acceder ó Canal Ético do Grupo Renfe, que forma parte do Sistema Interno de Información, para realizar unha consulta ou denunciar condutas irregulares.
O Grupo Renfe conta cun Código ético que define o marco de actuación de todos os profesionais e colaboradores para asegurar un comportamento íntegro e responsable na organización, coa sociedade e os nosos grupos de interese.
No Grupo Renfe contamos cun Sistema de Ética e Compliance asentado sobre principios éticos, que nos permite o adecuado cumprimento das nosas obrigas e compromisos, co obxectivo de ofrecer á sociedade e aos nosos grupos de interese un transporte seguro, sostible e responsable, mediante un servizo de calidade.
O respecto ao ODS 16 (Paz, Xustiza e Institucións Sólidas) resulta fundamental para garantir un contorno empresarial xusto e ético, impulsándonos a traballar de maneira íntegra, transparente e responsable.
A través do noso Código ético e as políticas de Compliance contribuímos activamente no fortalecemento de institucións sólidas e fiables, mostrando unha tolerancia cero fronte a calquera acto de corrupción e fomentando o respecto aos dereitos humanos e a creación dunha cadea de valor sostible.
A función de Compliance do Grupo Renfe ten como obxectivo principal apoiar a organización no cumprimento das súas obrigas e compromisos, así como a creación e transmisión dunha cultura de cumprimento.
Mostra do anterior foi a aprobación en Grupo Renfe das diferentes políticas de cumprimento que permiten a implantación do Sistema de Ética e Compliance. Estas políticas manifestan o compromiso co principio de "tolerancia cero" da organización fronte á comisión de irregularidades. Estas políticas tamén recollen o compromiso de todo o Grupo Renfe de actuar con ética e integridade nas nosas relacións cos demais.