Plan estratéxico
Consolidar o liderado ante un novo escenario de mobilidade. Un proceso de transformación a través da innovación, a internacionalización e o foco no cliente que dará como resultado unha nova Renfe.

O noso plan estratéxico

Coa liberalización e a dixitalización como eixes centrais que definen o escenario, Renfe desenvolve unha visión estratéxica con proxeccións a 2028: Ser líderes nos mercados en que esteamos presentes a partir das nosas fortalezas como referentes en mobilidade sostible, segura e eficiente de persoas e de mercadorías.

Aspiramos a consolidarnos como referentes dentro dos diferentes mercados con servizos de calidade, innovadores, centrados nas necesidades de cada cliente e baixo os principios de seguridade, eficiencia e rendibilidade. Buscamos crear valor sustentable a longo prazo, convencidos da forza do ferrocarril como espina dorsal dun sistema de mobilidade multimodal sustentable, intelixente e conectado.

Os nosos piares e palancas

Este plan estratéxico está baseado en 3 piares apoiados por tres pancas:

  • Foco no cliente
  • Internacionalización
  • Eficiencia e seguridade

Apoiados en tres palancas:

  • Transformación dixital
  • Transformación cultural
  • Alianzas estratégicas