Os nosos comezos, os do tren en España, remóntanse a hai 80 anos, cando se acometeu un proceso de reconstrución e nacionalización da industria do ferrocarril no noso país que deu lugar á Rede Nacional de Ferrocarrís Españois no ano 1941.
A partir daquel momento, comezaron os traballos para a substitución paulatina do sistema de vapor por un sistema eléctrico. Seguiuno o primeiro Talgo comercial e as primeiras locomotoras diésel. A renovación tecnolóxica marcou a evolución nos anos cincuenta.
A partir de mediados da década dos sesenta, comeza a modernización da infraestrutura e, a comezos da década dos oitenta, España acomete unha das principais decisións estratéxicas para o futuro do ferrocarril coa aposta, por unha banda, pola creación dos grandes núcleos de Cercanías e, por outra, polo desenvolvemento dunha rede de infraestruturas de alta velocidade que culminará en 1992 coa inauguración do Ave Madrid-Sevilla, e que se desenvolverá definitivamente a partir da década de 2000 ata a actualidade.
Renfe é hoxe unha operadora de transporte de primeiro nivel mundial, independente da xestión de infraestruturas desde o ano 2005 e, polo tanto, plenamente adaptada ao escenario de liberalización en Europa.