A nosa marca

A nosa marca está inspirada no movemento, porque ofrecemos multitude de experiencias, diversidade de destinos, infinitos horizontes que explorar... Reflicte a nosa esencia, cultura e forma de ser, e busca mostrar, ademais, os elementos diferenciadores de Renfe

Unha marca que integra os nosos valores

Liderado Queremos fortalecer a nosa posición de líderes no sector do transporte
Excelencia A nosa filosofía empresarial inspírase na calidade e na innovación
Proximidade Temos unha decidida vocación de servizo ao cidadán e á sociedade
Compromiso Cun servizo de calidade, eficiente, sustentable e socialmente responsable
Persoas Sobre todo, o valor da nosa marca reside nas nosas persoas

A expresión da nosa marca

Compromiso

Convertemos a orixe «acrónimo» do termo nun nome propio cun forte compoñente manuscrito que evoca a idea de «sinatura» e compromiso persoal.

Unha logomarca cunha forma tipográfica que connota modernidade e proximidade.

Cor

Na nosa logomarca a cor é unha aposta decidida, un compoñente esencial. Unha cor con carácter, que evoca elegancia, compromiso, modernidade.

Unha cor altamente sensible que require un tratamento delicado.

Tipografía

Unha tipografía exclusiva e diferenciadora que comunica o concepto de eficiencia, profesionalidade e liderado.

As nosas marcas, servizos e produtos

A marca e o modelo overbrand

A marca Renfe construíuse seguindo un criterio denominado "overbrand", onde a marca matriz funciona como "paraugas" do resto de elementos e garante a súa coherente conxugación. Con este criterio, propuxéronse solucións gráficas para o seu desenvolvemento e comunicación, contemplando dous niveis de aplicación para a marca e o produto.

O uso das cores corporativas responde ao mesmo criterio. Contémplanse versións adaptadas para servizos comerciais AVE, Avlo e Cercanías con usos específicos da cor.

No caso dos Trens Turísticos, o seu reflexo dentro da carteira de produtos mantén un deseño diferenciador, propio do produto tan especial e particular deste tipo de servizos.

Percorre a historia da nosa marca

1941 Pártese do simple anagrama constituído polas siglas do nome da empresa (Red Nacional de Ferrocarriles Españoles). Unha marca verbal, que deu paso ás progresivas expresións gráficas que conteñen unha conciencia da marca crecente
1946 Nun primeiro momento, a marca foi concibida como selo, reflectindo a orientación política da época
1958-60 Marca deseñada por Vicente Gómez. A finais dos anos 50 o círculo do selo transformouse na forma do televisor, unha icona da modernidade daquela época. O logotipo adquiriu un deseño máis caligráfico e menos institucional
1971-72 Marca deseñada por Juan Toribio. Nos anos 70, RENFE dotouse dun verdadeiro sistema de identidade gráfica. Adquiriu un símbolo que evoca a linearidade da vía e o dinamismo que se desprende dela. O logotipo ten unha forte singularidade e reflicte a forma xeométrica dos carrís
1971-72 Marca deseñada por Juan Toribio. Nos anos 70, RENFE dotouse dun verdadeiro sistema de identidade gráfica. Adquiriu un símbolo que evoca a linearidade da vía e o dinamismo que se desprende dela. O logotipo ten unha forte singularidade e reflicte a forma xeométrica dos carrís
1983-84 Rediseño realizado por José María Cruz Novillo. Nos anos 80 realizouse un redeseño que conserva o esencial do símbolo anterior, moi recoñecible pola sociedade, e opta por unha tipografía de maior sinxeleza, incorporando a cor gris e renunciando ao amarelo.
2000 Rediseño realizado por José María Cruz Novillo. Unha nova recreación aposta por un logotipo cunha tipografía que connota maior proximidade e dinamismo e coa vontade de ir dotando á marca dunha maior personalidade
2005 Marca deseñada por Interbrand. A nosa logomarca actual. En 2005 prodúcese a separación das infraestruturas e a da explotación ferroviaria. Esta separación expresouse visualmente cunha nova marca Renfe, froito dunha longa experiencia histórica, pero tamén signo dun cambio notable no modelo de xestión empresarial. En definitiva: a identidade dunha empresa que mira ao futuro