Curso Experto en Operacións Ferroviarias

Este programa, desenvolvido por Renfe Campus, busca responder á crecente demanda de profesionais altamente cualificados en operacións ferroviarias. O obxectivo é transmitir a experiencia e o saber facer acumulado por Renfe durante anos. Proporciona unha visión integral do sector, abordando aspectos clave como:

Estructura e contidos

Componse de varios módulos temáticos que combinan formación teórica e práctica, utilizando un enfoque e metodoloxía que facilitan a aplicación do coñecemento.

  • Módulo 1: Lexislación Ferroviaria II.
  • Módulo 2: Infraestrutura e Superestrutura II.
  • Módulo 3: Iniciación ao material rodante.
  • Módulo 4: Visita a un centro de mantemento.
  • Módulo 5: Control, mando e sinalización.
  • Módulo 6: Prácticas no simulador de condución.
  • Módulo 7: Iniciación á explotación e xestión do tráfico.
  • Módulo 8: Aplicacións telemáticas no sistema ferroviario.
  • Módulo 9: Visita a un posto de mando ferroviario.
  • Módulo 10: Persoal operativo ferroviario.
  • Módulo 11: Xestión das operacións ferroviarias.
  • Módulo 12: Autoprotección: conceptos básicos.
  • Módulo 13: Factores humanos e organizativos.
  • Módulo 14: Análise de riscos, accidentes e cultura de seguridade.
  • Módulo 15: Prácticas de terceiros en cabina de condución.
  • Módulo 16: Traballo final do programa.

Obxectivos

Formar profesionais cun coñecemento integral das operacións ferroviarias e capacitalos para desempeñar funcións en planificación, xestión e explotación dentro de calquera ámbito da operación. Os participantes adquiren as seguintes competencias:

  • Comprensión dos subsistemas ferroviarios e a súa interacción.
  • Coñecer os actores implicados na operación, así como as súas interrelacións.
  • Coñecementos sobre normativa e regulamentación ferroviaria.
  • Coñecemento dos principios básicos de autoprotección.
  • Coñecemento das ferramentas telemáticas utilizadas na operación.
  • Aplicación de metodoloxías de seguridade e análise de riscos.
  • Adquirir coñecementos sobre factores humanos e organizativos.

Avaliación e certificación

O Curso

O curso ten unha duración de 480 horas, impartidas en aproximadamente 3 meses.

  • Modalidade presencial.
  • 25 alumnos máximo por grupo.
  • Titulación Propia emitida por RENFE Campus recoñecida por todo o ámbito ferroviario.

As prácticas en talleres, centros de xestión, simuladores de condución, terminais, etc. programaranse en función da dispoñibilidade de recursos e poderán realizarse en diferente horario do establecido.

Importe: 5.500 €
*Revisable según convocatoria

Metodoloxía

O programa destaca polo seu enfoque práctico, ao integrar teoría e experiencia directa en contornos profesionais reais.

Os participantes adquiren habilidades aplicadas e unha preparación sólida para enfrontarse ás necesidades e desafíos do sector, mediante visitas a:

  • Centros de mantemento
  • Simuladores
  • Cabinas de condución
  • Postos de mando ferroviario

A formación finaliza cun proxecto titorizado onde o alumnado aplica os coñecementos adquiridos, garantindo unha experiencia formativa enriquecedora e directamente aplicable ó contorno profesional.

Requisitos

  • Ter cumpridos os 18 anos de idade.
  • Contar, polo menos, coa titulación de bacharel ou equivalente para efectos académicos (Técnico de Formación Profesional ou equivalente para efectos laborais ).
  • As prácticas do programa realizaranse en centros de traballo e instalacións como cabinas de vehículos ferroviarios, bases de mantemento ou outros espazos cuxa configuración responde á necesidade de cumprir normativas e certificacións nacionais e internacionais. Que os participantes no programa conten con capacidades adecuadas para o seu correcto desenvolvemento, incluíndo a posibilidade de acceder a estes espazos e desprazarse dentro deles de maneira segura e eficaz. Para tal efecto, solicitarase ao alumno unha declaración responsable, na que confirme que non presenta ningunha condición limitante que lle impida levar a cabo as ditas actividades na forma sinalada.

Campus RENFE

O curso é impartido pola Escola Técnica Profesional de Condución e Operacións (ETPCO), en colaboración con profesionais no ámbito das operacións do Grupo Renfe. Contarás cun equipo docente altamente cualificado e con ampla experiencia no sector ferroviario e o ensino.

¿A qué puedo dedicarme?

Este programa prepara o alumnado para desempeñar funcións clave na planificación, xestión e operación ferroviaria, tanto en empresas operadoras, de construción e mantemento de vía, entidades encargadas de mantemento de vehículos ou administradores de infraestruturas, tanto no ámbito público coma no privado.

  • Toma de decisións operativas
  • Xestión de recursos humanos e material rodante ferroviario
  • Xestión de incidencias en tempo real
  • Contribución á seguridade operacional
  • Mellora da eficiencia e sustenbilidade do sistema ferroviario

E tamén...

... abre portas a oportunidades laborais no ámbito da mobilidade en xeral, ampliando as posibilidades de desenvolvemento profesional máis alá do sector ferroviario.

MÁIS INFORMACIÓN

Escola Técnica Profesional de Condución e Operacións do Grupo Renfe

Atopa toda a información das convocatorias anteriores ou en curso nesta ligazón