Fondos europeos

Os fondos provenientes de Europa destínanse a investir na creación de emprego e nunha economía e un ambiente europeos sostibles e sans. 

Tanto os  fondos estruturais como o Fondo de Cohesión  , atenden a finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polosestados-membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo. 

Os Fondos Next Generation créanse para paliar a grave crise económica e social ocasionada pola pandemia da COVID-19 e transformar as economías europeas facéndoas máis verdes, dixitais e resilientes.

Os Fondos Europeos son recursos financeiros que a Unión Europea destina aos Estados Membros para cofinanciar proxectos e políticas destinadas a impulsar o crecemento económico, social e territorial da UE.

Máis da metade dos fondos da UE canalízase a través dos cinco Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE), xestionados conxuntamente pola Comisión Europea e os países da UE.  

Ademais, no ano 2020 créase o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia para paliar a grave crise económica e social ocasionada pola pandemia do COVID-19 e transformar as economías europeas facéndoas máis verdes, dixitais e resilientes.