Información institucional

 

Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Doutor en Infraestructuras dos Transportes pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM). Ata o de agora, ostentaba o cargo de secretario xeral de Mobilidade Sostible do Ministerio.

Conta con máis de 20 anos de experiencia profesional no sector da mobilidade e o transporte e desenvolveu a súa actividade en consultoría, investigación e docencia universitaria, asumindo postos de xestión a distintos niveis.

Na Universidade, foi profesor de Planificación do Transporte e director do Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Foi investigador no Centro de Investigación do Transporte, investigador invitado no Politécnico di Torino e profesor visitante na University of the West of England.

Na Administración pública, durante catro anos foi director xerente da Empresa Municipal de Transportes de Madrid (EMT) e, posteriormente, durante outros catro anos, director de Autobuses Urbanos de Valladolid (AUVASA). Ademais, é vogal do Consello Asesor do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible de España, membro do Comité Europeo da Unión Internacional de Transporte Público e Vogal do Comité Executivo da Asociación de Transporte Urbano Colectivo.

Por último, sinalar que realizou máis de 30 publicacións en revistas científicas e libros relacionados coa mobilidade.

 

Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid da Universidade Politécnica de Madrid, Mestrado en Formación do Profesorado de Ensino Secundario e Bacharelato pola Universidade San Pablo CEU e Mestrado Universitario en Administración Civil do Estado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

A súa experiencia laboral comezou como arquitecto no sector privado. É funcionario de carreira do corpo superior de administradores civís do Estado desde febreiro de 2020 e o seu desempeño profesional no sector público o desenvolveu principalmente no ámbito das relacións internacionais relativas a infraestruturas, transporte, urbanismo, arquitectura e vivenda.

Desde marzo de 2022 ocupa o posto de subdirector xeral de Relacións Internacionais do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustenible.

 

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB, 1982) e máster en Relacións Internacionais pola Universidade de Columbia (NY, USA, 1986).

Tras unha intensa carreira profesional como xornalista e corresponsal internacional, en 1996 iniciou a súa traxectoria en organismos internacionais. Traballou na OTAN, na UE e na ONU, onde foi Secretaria Xeral Adxunta para a Comunicación. En 2018, incorporouse ao goberno de España como Comisionada para a Axenda 2030, en 2020 foi nomeada Secretaria de Estado de Asuntos Exteriores e para Iberoamérica e o Caribe, e, en 2022, Comisionada do Perte da Nova Economía da Lingua.

Na actualidade é consultora en temas xeopolíticos e internacionais. É secretaria do consello directivo de Global Women Leaders Voices (GWL Voices), ademais de patroa de diversas organizacións da sociedade civil en España e Europa. É Doutora Honoris Causa pola UAB.

 

Licenciada en Economía pola Universidade de Barcelona, cun Posgrao en Integración Europea pola mesma universidade e Máster en Finanzas de ESADE.

Iniciou a súa carreira profesional como analista económico no Servizo de Estudos da Cámara de Comercio de Barcelona, onde traballou máis de nove anos, realizando estudos económicos e sectoriais.

En 2007 pasou a dirixir a Oficina Técnica do Gabinete da Consellaría de Economía e Finanzas da Generalitat de Catalunya. Entre 2012 e 2017 foi responsable financeira dun family office de capital estranxeiro con sede en Barcelona.

Incorporouse a Banco Sabadell en 2017, formando parte do Servizo de Estudos durante dous anos, como responsable da unidade de Real Estate e Asset Allocation. Posteriormente, integrouse no Gabinete do presidente, que pasou a dirixir a partir de 2021, cargo que ocupa actualmente.

Durante a súa traxectoria profesional, tamén foi profesora asociada de economía española e mundial na Universidade de Barcelona, consultora de ciencias do traballo na Universitat Oberta de Catalunya e colaboradora en diversas publicacións económicas e sectoriais de referencia sobre economía catalá, como a Memòria Econòmica de Catalunya, os Papers d'Economia Industrial e o Informe Anual sobre a Industria a Catalunya, incluíndo análises do sector do material ferroviario, entre outros.

Entre 2022 e 2023 foi membro do Consello Asesor do Centro de Estratexia e Prospectiva Industrial (CEPI) da Escola de Organización Industrial en Madrid.

 

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona e Diplomado en Relacións Internacionais polo "Institut d'Études Politiques" (Sciences Po) de París.

Ingresou na carreira diplomática en abril de 1985 e desempeñou os seguintes cargos ao longo da súa vida laboral: Foi destinado na embaixada de España en Luanda (Angola) co posto de secretario de embaixada. (1985-1987) e Secretario de embaixada na embaixada española en Luxemburgo (1987-1992). Entre 1992 e 1994 formou parte do Gabinete do secretario xeral de política exterior no Ministerio de Asuntos Exteriores. Conselleiro de embaixada na Representación Permanente de España ante a UE (1994-1999); Segunda xefatura na embaixada de España en Andorra (1999-2003); Subdirector da Escola Diplomática (2003-2004); Subdirector xeral de Oriente Próximo no Ministerio de Asuntos Exteriores (2004-2007); Asesor Internacional no Departamento da Presidencia da Generalitat de Catalunya (2007-2010); Secretario para a UE, delegado da Generalitat en Bruxelas ante a UE e Membro suplente do Comité das Rexións (2010); Embaixador de España en Andorra (2011-2014); Responsable do portal de transparencia na subsecretaría do ministerio de asuntos exteriores (2014-2018); Entre 2018 e 2022 foi Cónsul Xeral de España en Marsella e entre 2022 e 2024 Embaixador de España na República Checa.

 

Licenciada en Economía Internacional, Dirección de Empresas e Finanzas pola Università Bocconi (Italia).

Forma parte do corpo superior de técnicos comerciais e economistas do Estado desde 2019. Traballou en diferentes postos de responsabilidade no Ministerio de Economía, Comercio e Empresa sendo, entre outros, vogal asesora no gabinete do ministro de Economía, Comercio e Empresa (2022-2024). É actualmente subdirectora xeral de Investimentos Exteriores da Secretaría de Estado de Comercio.

 

Pertence ó corpo superior de administradores civís do Estado.

É enxeñeira de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade de Transportes e graduada en Dereito e en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas pola UNED. Conta, como títulos de posgrao, co Mestrado en Administración Civil do Estado impartido polo Instituto Nacional de Administración Pública en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo e co Mestrado en Acceso á Avogacía da UNED.

Comezou a súa traxectoria profesional na Subdirección Xeral de Propiedade Intelectual do Ministerio de Cultura e na Subdirección Xeral de Recursos Humanos do Ministerio de Facenda.

Desempeñou distintos postos de responsabilidade na Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación do Ministerio de Facenda.

Actualmente desempeña o cargo de Vogal Asesora na Secretaría de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, participando na planificación estratéxica, deseño e execución das políticas en materia de infraestruturas e servizos de transporte, no ámbito terrestre, aéreo, marítimo e portuario, da Rede Ferroviaria de interese xeral e da Rede de Estradas do Estado. Colabora na elaboración de proxectos normativos, protocolos, acordos e convenios e participa no seguimento e aplicación da política de transportes da Unión Europea.

 

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e membro do corpo superior de interventores e auditores do Estado desde 2001.

Desempeñou os cargos de Interventora Delegada no Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, Directora xeral de Fondos Europeos, Subdirectora Xeral de Relacións Orzamentarias coa Unión Europea, Asesora do ministro de Facenda, Vogal asesora do Gabinete técnico do subsecretario de Facenda e Interventora Delegada Adxunta no Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Actualmente ocupa o posto de Interventora Delegada no Ministerio de Economía, Comercio e Empresa e no Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.

 

Licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona. 

Conta con 20 anos de servizo como avogado do Estado, onde desempeñou funcións na Avogacía do Estado de Barcelona (2004-2009), no Ministerio de Fomento (hoxe Transportes e Mobilidade Sostible) e na Audiencia Nacional. Exerceu como director da Asesoría Xurídica e, posteriormente como secretario do Consello da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (2013-2021). No 2022 incorporouse no FROB, onde desempeñou as funcións de director xurídico da Autoridade de Resolución Executiva.

 

Licenciada en Dereito Xurídico Comunitario pola Universidade San Pablo CEU e diplomada en Estudos Xurídicos e Económicos da Unión Europea pola Universidade da Sorbona (París 1). Así mesmo, conta cun máster en estudos xurídicos empresariais polo Centro de Estudos Garrigues.

Inizou a súa carreira profesional no ámbito privado, traballando en despachos de avogados e posteriormente como avogado en materia mercantil en Gas Natural.

En xullo de 2006 incorporouse a Renfe Operadora, onde foi desempeñando distintos postos como avogado na Secretaría xeral e do Consello de Administración na área xurídico-mercantil e de operacións societarias.

Actualmente ocupa o cargo de directora de asesoría xurídica de empresas filiais e proxectos internacionais, desempeñando ademais funcións de Secretaría e Vicesecretaría en diversas sociedades do Grupo Renfe e nas súas empresas participadas.