A nosa web

Información xeral

Este aviso legal (en adiante, o "Aviso Legal") regula o uso do servizo do portal da internet "grupo.renfe.com" (en adiante, o "Portal") que a entidade pública empresarial Renfe Operadora (en adiante, "A empresa") pon a disposición dos usuarios da internet.

A entidade pública empresarial Renfe Operadora é un organismo público dos previstos no artigo 43.1.b) da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, que se atopa adscrito ao Ministerio de Fomento.

Renfe Operadora ten personalidade xurídica propia e diferenciada da do Estado, plena capacidade xurídica e de obrar para o cumprimento dos seus fins e patrimonio e tesouraría propios, nos termos establecidos na disposición adicional terceira da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario e nos termos establecidos no seu propio estatuto, aprobado polo Real decreto 2396/2004, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro).

Datos de contacto de Renfe Operadora:

  • Avda. Cidade de Barcelona, 4 - 28007 Madrid, España.
  • N.I.F. Q-2801659J
Condicións xerais de uso da web

Dereitos de propiedade intelectual e de propiedade industrial

Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte coma os logos, marcas, debuxos, modelos e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen a Renfe Operadora ou entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Os contidos do Portal están igualmente protexidos por dereitos de propiedade intelectual de Renfe Operadora ou de terceiros. O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, posta a disposición, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida, agás que medie expresa autorización de Renfe Operadora ou que o devandito uso se produza estritamente nos termos derivados da contratación dos servizos ofrecidos a través do Portal. Renfe Operadora resérvase o dereito a exercer as accións xudiciais que correspondan contra os Usuarios que violen ou infrinxan os seus dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.

Responsabilidades

Uso do Portal: o acceso ao Portal e o uso correcto da información contida nel son responsabilidade de quen realice estas accións, sen que se poida facer responsable a Renfe Operadora polo uso incorrecto, ilícito ou neglixente que o Usuario puidese facer do Portal.

Utilización dos contidos: Renfe Operadora facilita todos os contidos do seu Portal de boa fe e dedicará os seus mellores esforzos a que os mesmos estean permanentemente actualizados e vixentes; no entanto, Renfe Operadora non asume responsabilidade ningunha con respecto ao uso ou acceso que realicen os Usuarios fóra do ámbito ao que se dirixe o Portal, cuxa responsabilidade final recaerá sempre sobre o Usuario. O Usuario que actúe contra a imaxe, bo nome ou reputación de Renfe Operadora, así como quen utilice ilícita ou fraudulentamente os deseños, marcas, logos ou contidos do Portal, será responsable fronte a Renfe Operadora da súa actuación. Polo tanto, o Usuario deberase abster de obter ou intentar obter informacións, logos, tons, imaxes, debuxos, marcas, ficheiros de son e calquera outro material sonoro e/ou gráfico accesible a través do Portal empregando mecanismos distintos dos indicados neste Aviso Legal e no Portal.

Virus: Renfe Operadora comprométese a aplicar todas as medidas necesarias para intentar garantirlle ao Usuario a ausencia de virus, vermes, cabalos de Troia e elementos similares no seu Portal. Porén, estas medidas non son infalibles e, xa que logo, Renfe Operadora non pode asegurar totalmente a ausencia dos devanditos elementos nocivos. En consecuencia, Renfe Operadora non será responsable dos danos que calquera destes elementos puidese ocasionarlle ao Usuario.

Fallos tecnolóxicos: Renfe Operadora realizará os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume responsabilidade ningunha polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Renfe Operadora.

Erros na contratación: en caso de que o Usuario cometa algún erro na introdución dos datos necesarios para levar a cabo a contratación, dado que esta se produce mediante o envío nunha mensaxe dun código alfanumérico, o Usuario non recibirá o servizo contratado, sen que isto implique responsabilidade ningunha para Renfe Operadora.

Lei aplicable

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos deste Portal, será a lei española.