Información en materia de Protección de datos do Portal de Emprego

1. Responsable do tratamento: Renfe Operadora, E.P.E, S.A., con NIF Q-2801659-J e dirección para estes efectos en Avda. Pío XII, 110. 28036, Madrid. Contacto do Delegado de Protección de Datos: dpd@renfe.es.

2. Finalidade do tratamento: (1) Xestión de currículos vitae de candidatos para cubrir as vacantes de emprego do Grupo Renfe; (2) uso dos datos persoais dos candidatos para poder concertar unha entrevista; e (3) no seu caso, axendar o recoñecemento médico dos candidatos seleccionados aos que lles sexa de aplicación a Orde FOM/2872/2010, do 5 de novembro, e (4) en caso de ser necesario, comunicar os datos persoais dos currículos vitae a outras entidades do Grupo Renfe.

3. Categorías de datos: Tratamos a seguinte tipoloxía de datos persoais:

  • Datos identificativos (nome, apelidos e documento acreditativo de identidade)
  • Datos de contacto (teléfono, correo electrónico e enderezo postal)
  • Datos de características persoais (idade, xénero, data e lugar de nacemento, nacionalidade).
  • Datos profesionais/académicos (experiencia profesional, formación académica, competencias e nivel de idiomas, competencias e nivel de informática)
  • Outros datos de interese (se é o caso, dispoñibilidade de carné de conducir, dispoñibilidade de vehículo propio, dispoñibilidade para viaxar, áreas de interese, etc.):

4. Lexitimación: O tratamento de datos relativo á xestión do seu CV resulta necesario para a aplicación de medidas precontractuais ou a intención de concluír un contrato.

5. Destinatarios: Os datos persoais poderán ser comunicados ás entidades que compoñen o Grupo Renfe e, no caso de ser necesario, ás distintas administracións públicas, xulgados e tribunais cando o soliciten para o efecto.

6. Prazos de conservación: Os datos conservaranse durante o tempo estritamente necesario para cumprir coas finalidades previstas.

7. Dereitos: Como interesado poderá exercer os seus dereitos: acceso, rectificación, limitación do tratamento, oposición e portabilidade nos termos establecidos na normativa no seguinte enderezo: derechos.renfeepe@renfe.es.

Ademais, se non está satisfeito no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos.