Fotografías de carácter persoal de afeccionados ao ferrocarril
Os particulares ou afeccionados que desexen realizar fotografías nas zonas privadas de uso público das estacións e instalacións ferroviarias xestionadas por Renfe, así como dos trens non terán necesidade de dispor de permiso previo.
Non obstante, mantéñense as seguintes limitacións e excepcións para a realización das mencionadas fotografías:
- Nas zonas privadas de uso restrinxido das estacións ou instalacións nas que é necesario a posesión do correspondente título de transporte para o seu acceso a elas (Salas club ou de embarque, plataformas restrinxidas, etc.).
- Naquelas zonas nas que se puidese producir afectación aos servizos e ao normal desenvolvemento da actividade ferroviaria (centros de traballo, oficinas de venda de billetes, etc.); así como aqueloutras de acceso exclusivo que determina a Lei do Sector Ferroviario por estaren vinculadas á seguridade na explotación ferroviaria (talleres, postos de mando, dependencias ferroviarias, etc.).
- Está prohibido tomar imaxes de persoal de seguridade, persoal comercial, así como de calquera persoa traballadora relacionada coa operación ferroviaria normal sen o seu consentimento previo por escrito.
- Aínda que as fotografías sexan realizadas por afeccionados, aquelas reportaxes cuxa temática principal non sexa de índole ferroviaria ou relacionada co ferrocarril necesitarán dun permiso específico para iso.
- Está estritamente prohibida a utilización de imaxes tomadas sen permiso para un posterior uso comercial ou con ánimo de lucro.
- Lembra que calquera persoa ten dereito a preservar a súa imaxe e a súa intimidade, polo que non se poderán capturar imaxes delas sen o seu consentimento previo.
- Por último, o uso do trípode está permitido sempre que non se incumpran as limitacións xa expresadas, especialmente as relativas á seguridade das persoas e á afectación ao tránsito e o desenvolvemento normal da actividade ferroviaria.