¡Estamos en WhatsApp!

Información de interese sobre o estado da circulación dos trens de Cercanías

Renfe, na súa busca constante de iniciativas que dean resposta ás necesidades e demandas dos máis dun millón de viaxeiros que se desprazan diariamente polas redes de Cercanías e Rodalies de Catalunya, atopou na ferramenta de mensaxería instantánea WhatsApp unha oportunidade para abrir unha nova canle de información en tempo real sobre os seus servizos.

Chegar a dónde os clientes xa están para ofrecerlles información relevante e de calidade de maneira rápida e eficaz é un dos principais obxectivos de Renfe. Por iso, aposta pola apertura de canles de WhatsApp como unha nova vía de comunicación que permita enviar aos usuarios actualizacións relevantes do servizo de Cercanías e Rodalies de Catalunya, é dicir, información de interese sobre o estado da circulación dos trens dos diferentes núcleos.