En cumprimento da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno, Pecovasa Renfe Mercancías, SA publicará de forma periódica e actualizada a información relevante para garantir a transparencia das súas actividades:
O Código Ético de Pecovasa Renfe Mercancías, Sociedad Mercantil Estatal, S.A. recolle os valores e principios que deben rexer a actividade das persoas que forman parte da Compañía e sinala o noso compromiso con respecto ás prácticas comerciais éticas e de cumprimento, asegurando un marco que sustente os valores fundamentais da empresa no traballo diario.
A Canle de comunicación e denuncia ou canle ética é unha ferramenta que permite, entre outros fins, que o persoal da empresa, así como os terceiros que se relacionen con ela, poidan comunicarlle ao Órgano de Cumprimento, de maneira confidencial e anónima se así o desexan, e a través da ligazón que figura a continuación, aquelas actividades e condutas potencialmente irregulares que poidan supoñer un incumprimento do Código Ético, dos documentos que integran o Plan de Prevención de Delitos e/ou da posible comisión dun ilícito penal.