O sector do transporte é responsable de cerca do 30% das emisións de gases de efecto invernadoiro no noso país. Porén, só o 0,3% provén do transporte por tren, grazas á nosa mellor eficiencia en termos de capacidade, consumo de enerxía e emisións de CO₂.
Por iso, cada viaxe realizada en Renfe contribúe a reducir a pegada de carbono e axúdanos a facer fronte á Emerxencia Climática. Desde 2005 reducimos case un 90 % a nosa pegada de carbono, e traballamos en novos proxectos para lograr a neutralidade climática en todas as nosas operacións.
Fonte: Handbook on External Costs of Transport - Comisión Europea
Renfe está desenvolvendo novas plantas fotovoltaicas para subministrar enerxía aos seus trens e ás súas instalacións. Por un lado, 14 das nosas principais bases de mantemento xa dispoñen dunha potencia instalada de 11 MW de cubertas solares grazas aos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). Unhas actuacións que contribúen á descarbonización das nosas labores de mantemento.
De forma adicional Renfe está a desenvolver un proxecto piloto para autoconsumo de tracción. Un modelo, pioneiro en España, mediante o cal Renfe inxectará a enerxía xerada directamente á rede eléctrica de Adif para o seu uso no sistema ferroviario, mentres que o excedente se vende ao mercado eléctrico.
Esta planta piloto, de 35 hectáreas de superficie, estará situada en Olmedo (Valladolid) próxima a subestación de enerxía eléctrica de Adif que alimenta a liña de alta velocidade Madrid-Valladolid. Con esta planta, Renfe dotarase dunha instalación de xeración de enerxía eléctrica para autoconsumo cunha potencia duns 20 MW, facilitando tanto a estabilidade de prezos da enerxía que consume como a orixe 100% renovable dela.