Para comunicarte cunha persoa con discapacidade auditiva:
- Manifestar en todo momento o interese por facilitar a comunicación
- Non falar nunca sen que a persoa estea mirando.
- Chama a súa atención cun discreto aceno antes de falar.
- Falar de fronte e con normalidade, nin moi rápido nin moi lento para facilitar a labiolectura.
- Vocalizar correctamente pero sen esaxerar, utilizando frases curtas.
- Manter a zona da boca limpa de obstáculos.
- Situarse á súa altura.
- Permanecer quedo mentres se comunica.
- Buscar unha zona iluminada.
- Mirar aos ollos ao noso interlocutor.
- Utilizar un ton normal de voz, non serve de nada berrar.
- Axúdate coa escritura e coa mímica.
- Manter a tranquilidade.