Discapacidade Intelectual

Para comunicarte cunha persoa con discapacidade intelectual:

  • Falarlles de forma clara e pausada utilizando unha linguaxe sinxela.
  • Cando pregunten axúdalles a concretar.
  • As persoas con discapacidade intelectual necesitan tempo para pensar, adoptar unha actitude comprensiva e paciente respecto ás súas dificultades.
  • Non lle mentres de forma gratuíta.
  • Trátaos como a adultos.
  • Aceptalos como son.
  • Evitar situacións de estrés.
  • Utilizar material escrito como recordatorio de tarefas e/ou datos importantes.
  • Ter en conta as posibles limitacións para o mantemento da atención.
  • Non hai ningunha fronteira que defina ata onde ou desde onde unha persoa ten limitacións.